XVI Premio Xornalismo Johán Carballeira
2019
Aser Álvarez González
Aser Álvarez González
Nado en Bande no 1976. Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración na USC e Licenciado en Xornalismo e Ciencias da Comunicaçión na UPV e USC. Colaborador lector da School of European Studies da U. de Cardiff (Gales), Máster en Periodismo da UAM/EL PAÍS, etc.
Seu labor no mundo empresarial abarca diversos campos como o que vai do mundo audiovisual/multimedia como fundador de Arraianos Producións S, co-director do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo e director de Relacións Internacionais e Dinamización Cultural do Cineclub Carlos Velo, director da revista Arraianos, director da Asociación Arraianos Director da feira internacional de cultura rural FICRural, técnico de comunicación e marketing para diversas institución e empresas (director de Comunicación Hosteleíra Compostela), así como director, guionista e produtor de múltiples traballos audiovisuais.
Traballou como redactor e guionista na TVG e na Cadena Ser e colaborou en repetidas ocasións en medios como El País, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, etc.
Membro da Academia Galega do Audiovisual e da Academia Española das Ciencias e das Artes da Televisión.
Gañador de múltiples premios entre os que destacamos:
- I Open Radio do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona – 2002 (ao mellor documental radiofónico con “Historias de María Galena”). En colaboración con Óscar Curros.
- Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo– Ourense 2013 (“100% CEF. Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro", destacando o xurado a innovación no tratamento informativo, "que abre novas portas ao xornalismo ao conxugar elementos informativos con técnicas e narrativa cinematográfica". Proxecto na que fixo de director, guionista e produtor. Con este documental tamén acadou outros premios nacionais e internacionais: Mestre Mateo ao Mellor Documental ou o Premio Especial do Xurado do Festival Internacional de Cine Documental de Bucarest. Documental que clausurou a Semana da Cultura Galega do Instituto Cervantes de Berlín e foi presentado no Instituto Cervantes de Bruxelas.
- Premio de Publicidade Comercial en Galego do Consello de RTVE e CRTVG. (2013-2014)
- Premio Nacional de Cine e Biodiversidade do CSIC do Consello de RTVE e CRTVG. (2014) Coa curtametraxe “Traballo animal”.
- XVI Premio de Xornalismo Johán Carballeira – Bueu 2019 (“Ferrín e a poesía do circo", reportaxe publicado no periódico dixital www.adiante.gal O xurado explicou que como produto xornalístico "destaca pola súa orixinalidade e estrutura", así como a relación que establece entre circo, teatro e literatura, "ao mesmo tempo que destaca a combinación de xéneros xornalísticos".
Filmografía:
- “100% CEF. Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro“
- “Traballo animal“,
- “Carlos Velo en México“.
- “Looking for Bill Viola“
- “Aquel neno chamado Xosé Neira Vilas“
- “Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro”
- “O Purgatorio de Leiro“, longametraxe documental para 'Imprescindibles' de TVE-2.
- “Cesteando”
- “O silencio dos eólicos”
- “Anacos de Vida” un novo formato audiovisual desenvolvido para a CRTVG