top of page

XX Premio poesía Johán Carballeira-2017

María Reimóndez Meilán

María Raimóndez

María Reimóndez Meilán

 

A poetisa María Reimóndez naceu en Lugo no 1975. Tradutora e intérprete.

O seu labor no mundo da literatura é moi amplo. Cultivado xéneros como a narrativa, a poesía o ensaio, teatro, etc. 

No 2017 gañou o Premio Johán Carballeira de poesía co poemario 'Bus en Galicia'.

O xurado destacou a maneira en que a autora "Recrea asuntos como a memoria e a identidade a través da perspectiva de xénero, articulando un percorrido territorial que se estende dende o íntimo ata o cartográfico".

Case unha decena de premios recibido dende 2003 ata hoxe veñen a dar fe do bo facer desta autora

Obra poética:

  • Moda galega (Positivas, 2002).

  • Kleinigkeiten/cousiñas (Fabulatorio, 2013).

  • Moda gallega reloaded (Positivas, 2013).

  • Presente continuo (Xerais, 2013).

Outras Obras:

  • O caderno de bitácora

  • O club da calceta Novela.

  • Pirata

  • En vías de extinción

  • Desde o conflicto

  • A música dos seres vivos

  • A dúbida (Xerais, 2016).

  • Usha (Xerais, 2006).

  • A alternativa está aquí

  • Etc.

Pola mañá a cidade ole

a unha persoa acabada de levantar

do mar

a lonxa aberta

o sol agochado no fondo

das cunchas e as mareas

as quendas de noite na Citroën

as nenas que agardan

para ir á escola.

Polas mañás a cidade ole

mentres as persoas,

mesmo de día

aos cheiros e arrecendosdormen.

 

................................

 

 

Nacín e crecín entre troncos

tras da miña casa a serra

onde as árbore caídas

xogaban a ser bosques

e escolas

e casas

e refuxios de animais

e fadas.

Aínda hai días,

moito tempo pasado xa dende o incendio moito tempo despois de que as cegoñas deixasen de aniñar na torre derruída

que sinto o po das serraduras no cabelo

e a morriña das raíces

na base do tronco.

bottom of page