top of page

XXI Premio poesía Johán Carballeira-2018

Daniel Asorey Vidal

Daniel Asorey

Daniel Asorey Vidal

 

Nado en Compostela no 1970.

Profesor de lingua e literatura galega.

No 2018 gañou o Premio Johán Carballeira de poesía co poemario 'Transmatria'.

O xurado destacou que é un libro de poemas "onde se destaca a potencia dunha linguaxe innovadora e a explosión das marxes dos corpos como capacidade de transformar e superar o agardado".

Este non é o primeiro premios recibido polo autor xa que dende 1988 ata hoxe ten gañado varios premios como o I Certame de Relato Curto Cidade Vella (1988), o I Certame Literario e de Investigación de Terra de Melide (2001) no apartado Narración Curta, o Manuel Murguía, ex aequo, (2002) con 'Soñar pedras co fútbol', Repsol (2016) con 'Nordeste', etc.

A súa vez tamén publica en obras colectivas como 'Muralla de Crescornio' (1989) e 'De soños e memorias (2003) .

 

BIBLIOGRAFÍA

 

  • Soñar pedras con fútbol (2002)

  • Nordeste (2016)

 

A TRANSMATRIA SON OS CORPOS

 

eivados

mutilados,

sinalados,

odiados.

 

A transmatria son ollos aterrecidos,

as pálpebras mortas de frío,

os úteros tan libres,

os esfínteres de nós.

 

A transmatria é a bandeira das

/desposuidades

o territorio salvaxe

de esperanza.

Aquelas que afogan,

que camiñan,

que soñan.

 

A transmatria es ti,

queimade

na cama

ou no masacre

de se comer tamén

co látex

na memoria.

bottom of page