top of page

 

"A casa sen nós: Unha casa enfronte do mar, bañada pola marusía nos días de temporal, dúas plantas, un patio, unha escaleira e un corredor que é columna vertebral dun organismo que palpita, que respira, que se move.

A casa encolle de frío os días de néboa e chuvia, cun ruído de abismo nas almofadas e tremor de follas nas contras; agrándase os días de calor luminosa que bate contra a fachada, cando abro as ventás e esa forza prodixiosa que é o espazo sen límites esperta en min unha enerxía de raíz sementada, e berro os nomes que configuran unha das eternidades conscientes que podo sentir, a respiración dun intre único.

É doado intuír que a casa existiu, que me habitou moito máis que eu a ela. A orfandade que deixou, que son moitas orfandades, permanece, están no texto; en cada unha das palabras e signos, nas dúbidas, nas convocatorias e chamadas, nas ausencias que abundan, na breve luz que nace sempre a carón dunha sombra, como nas catedrais.”

OBSERVACIÓNS

Premer na fotografía do autor ou no nome para acceder á súa ficha bio-bibliográfica

bottom of page