



Xaime Toxo (Xaime Domínguez Toxo)
Xaime Toxo nado na Praia de Pescadoira (Bueu)  no 1955. Pedagogo e mestre especialista en atención ó alumnado con cegueira e discapacidade visual. Fundador no 1974 da Asociación Cultural Liboreiro de Bueu. Na súa etapa universitaria foi membro das asociacións "O Galo" e "O Eixo" e agora presidente do Ateneo de Pontevedra. Con varios primeiros premios de narración e relatos: Murguía (2004), Concello de Paradela (2002) con "As serras orientais". Accesit no premio Modesto Rodríguez Figueiredo (2002). Con numerosos relatos publicados en libros colectivos, revistas e xornais.
Exemplo da Revista Os Galos: No º 1 "Caderno de bitácora dun mariñeiro sentimental"; no nº 2 "En Porto Marte, Agardando a que regrese a Area" e "Poema"; no nº 3 "Víctor de Neboeiro, viñas Ana nunha dorna"; no nº 4 "Os ramallos dunha fronteira incerta"; no nº 5 "Maruja Mallo: A muller carromeiro"; no nº 6 "Bucaneiros de hoxe" e "Ulises volta das illas"; no nº 7 " As pegadas que deixan os soños". Previamente a estes artigos na revista dos IX Encontros de Embarcacións tradicionais escribiu:  "O paxaro no panterlo: home e territorio"
Como aportación ao libro "Xentes dun pobo: Bueu" escribiu o relato curto "O alento das pedras". En "Vilagrafías" de Anxo Cabada: Pontevedra. En "Lembranzas 1890-1945-Bueu": Poema.
Coma relato recente:  Ecos de Afasia, Unha viaxe de inverno      
Bibliografía
- 
"70º Norte" (Editorial Galaxia-2023) 
- 
"Mouro é o rostro da memoria" (Ateneo de Pontevedra-2001). 
- 
"Oscuro es el rostro de la memoria" (2000). 1º premio do concurso de relatos breves "El ajedrez se hace palabra" do ano 2000. No xurado, entre outros estaba, Caballero Bonald e Rafael Conte. 
- 
"As serras orientais" (Na publicación do concurso páx. 22) 
- 
"As palabras que move o mar" (Xerais, 2011) 
- 
Poemario "Lume de Mastro" 
- 
Máis de medio cento de contos e relatos curtos (Inéditos) 
- 
Poemas en distintas publicación como: "Terragrafías", "Maregrafías" e "Vilagrafías" de Anxo Cabada 
- 
"Caderno do mar". Texto de Xaime. Imaxes de Antón Sobral. Deputación provincial de Pontevedra - 2014 
- 
"Protexer o invisible" (2016) Libro con 29 relatos. 
- 
"A casa sen nós" (2019) Obra poética 
- 
- Coautor de " Federico Ribas: Trazos do medo" (2020). Edita Concello de Bueu. 
Filme de Manolo Reboiras
Textos do libro .. "Protexer o invisible"
Locución: Antón Sobral e Xaime Toxo
Música de Antón Sobral
Presentación de Santi Soliño
Libro .. "As palabras que move o mar"
Novela de Xaime Toxo
Xaime Toxo nas Noticias da CRTVG







