top of page

Deste libro houbo unha segunda edición no 2002 que levaba coma acotación no título: "inspirado no folclore de Galicia e adaptado para as clases individuais e colectivas de acordo coa LOXSE"..
Ao igual que os outros libros do autor "son un intento de dignificar e ennobrecer o patrimonio musical transmitido polos nosos antepasados dende unha perspectiva académica".

Antonio Cerviño nace na Banda do Río (Bueu). Desde moi pequeno vese atraído pola música e, xa na escola, introdúcese nese mundo co mestre Manuel Omil; ós 13 anos pasa ó Conservatorio de Pontevedra. Mais tarde en Segovia, asiste ás clases de perfeccionamento con Guillermo González. En Estremadura, e durante 6 anos traballa co mestre Esteban Sánchez que o incorpora ó seu equipo como docente no Conservatorio Profesional de Mérida.
Estivo becado pola Deputación de Pontevedra, Instituto Social da Mariña, concello de Vigo e Real Música de Madrid. A lista de premios obtidos iníciase en “Radio Popular de Vigo” para continuar con “Luís Coloman”, etc.

OBSERVACIÓNS

Xa vai na 3ª edición!

Premer na fotografía do autor ou no nome para acceder á súa ficha bio-bibliográfica

Premer na portada do libro para velo ou baixalo en pdf

bottom of page