top of page

Antonio Cerviño Loira

Antonio Cerviño nace na Banda do Río (Bueu). Desde moi pequeno vese atraído pola música e, xa na escola, introdúcese nese mundo co mestre Manuel Omil; ós 13 anos pasa ó Conservatorio de Pontevedra e Vigo cos profesores Simón Vaquero e Josefa Estarque respectivamente. Mais tarde en Segovia, asiste ás clases de perfeccionamento con Guillermo González, o compositor Ángel Oliver e a pedagoga Encarnación López de Arenosa. Estivo becado pola Deputación de Pontevedra, Instituto Social da Mariña, concello de Vigo e Real Música de Madrid. A lista de premios obtidos iníciase en “Radio Popular de Vigo” para continuar con “Luís Coloman”, etc. 
En Estremadura, e durante 6 anos traballa co mestre Esteban Sánchez que o incorpora ó seu equipo como docente no Conservatorio Profesional de Mérida.
Autor de composicións vogais e instrumentais coma "Cantares Galegos (estreada no Teatro Alberdi de Tucumán-Arxentina, 1995). Musicou para canto coral un poema de Jorge Loira Gago que se estreou no Centro Social do Mar o 19 de decembro de 2014.
Coa pianista Lourdes Sánchez Décima  forma  Dúo de piano a catro mans "Décima-Cerviño" que comezou a súa andaina nas actividades culturais organizadas en Bueu no ano 1993 por ACIBU.
Os seu libros "ARCO DA VELLA, RAIOLA,PASENIÑO: Son un intento de dignificar e ennobrecer o patrimonio musical transmitido polos nosos antepasados dende unha perspectiva académica."

Bibliografía

 

(Se premes nos textos de Arco da vella ou de Paseniño accederás aos libros en pdf

Se o fax en 'Ir á Ficha' accederás á mesma)

 

    CD solidario "NATALIS"

  •  

O Dúo Décima-Cerviño, formado por Lourdes Sánchez Décima (Tucumán-Arxentina) e Antonio Cerviño Loira (Bueu-Galicia) son unha parella unidos pola música e, máis concretamente, polo piano. Tocan Piano ás Catro Mans por Europa e por máis alá do mar en terras americanas. Se o de tocar o piano o fan de marabilla o de ser unha parella solidaria lles vai ao par. Entre outras actividades de carácter social (no Albergue S. Francisco, Fundación FEDEH, Máns Unidas, etc.) aprece  Natalis (editado por San Pablo Multimedia) que é un CD solidario na que o Dúo Décima-Cerviño interpretan  "emotivas melodías propias do tempo de Adviento, algunhas delas sobre ritmos latinoamericanos ou no máis puro estilo gospel" no que non faltan tamén as máis clasicas europeas coma "Adeste fideles", "Los peces en el río"... así como as máis significativas de Alemaña, Gran Bretaña, etc.
Para facerse con
Natalis podedes facelo en calquera librería San Pablo de España e Latinoamérica ou na librería on-line (http://www.sanpablo.es/) ao módico prezo de 12,5 €  xa que tede en conta que os beneficios van destinados a organizacións solidarias ou como dín os autores "NATALIS: foi ideada co propósito de axudar a todas esas persoas que non coñecemos pero que precisan de nos"

NATALIS

bottom of page