top of page

A poesía de Antía Juncal Avendaño

2º Premio de Poesía Díaz Jácome - 2015

Premer nas imaxes ou títulos para  acceder a máis información

Fragmento de "Turxencia na pel"

“Decido abrir entre o rastro de fío

Que me anuncia a sensibilidade da cicatriz.

Separo en canle a matriz ausente

Co coitelo no lugar do destino marcado.

O son do sangue percutiu na cavidade ventricular

E o seu impulso bateu doente nas miñas verbas.

Derramamos o trago conxuntamente

Até formar coagulación sobre a epiglote

E mergullada nos teus ollos de cereixa

Poder difundirme guerreante

Até estarrecer co sinal

Da morte.

 

Xamais fun de rexeitar  o roce

coa comisura dos teus labios.

Procurei sempre manter na permanencia

o sorriso debuxado con pintura no meu rostro.

 

Pero a túa lingua non pode reprimir

O berro contra os dentes

Cando a intensidade da sílaba tónica

Deixa de producir o lamento de culpa.

 

Naquela longa noite de pedra

A miña alma atravesou o cadaleito

Para sempre”.

bottom of page