top of page

Antía Juncal Avendaño

Nada o 19 de outubro do 1994 no Outeiro (Bueu). É técnico de Laboratorio de análises clínicos e actualmente é enfermeira de"profesión e de corazón". Gústalle ler e escribir, ademais da fotografía, como formas de relaxarse e afastarse por un tempo do mundo que lle rodea. Publicou o seu primeiro libro en xaneiro de 2019. Gañou o XVI certame de poesía Díaz Jácome (2016) co conxunto poético “Turxencia na pel” no que intenta describir sensacións ou sentimentos que puideron pasar polo corpo dun home ou da súa muller (protagonista do poema) cando ía ser asasinado pola represión franquista en Bueu, nos famosos “paseos” até a punta do muelle.  Pensa que a poesía tamén debe formar conciencia. Confía no poema como medio de transmisión de quen é ela e do que sinte.

Bibliografía

-  "Turxencia na pel"

- "Que las huellas no se conviertan en cicatrices". Edit. Ringo Rango-2019

bottom of page