top of page

Salvador Castro Otero

Bibliografía

Salvador naceu en A Ramorta-Bueu no 1965.  Licenciado en Filoloxía Hispánica. Docente no ensino Secundario.
Seu blogue "Un mar de cercanías" é un deses blogues aos que paga a pena estar subscritos pola sensibilidade e frescura coa que trata a información:
http://unmardecercanias.blogspot.com/ 
Como conferenciante temos  o seguinte exemplo "
Memoria del fuego" pronunciada durante unas jornadas organizadas por el IES María Soliño de Cangas.
Gracias a iniciativa e labor de Salvador Castro e José Gestido nace o Club Xadrez de Bueu (1987). Con el acadou cotas de alto nivel nas competicións co Club :
Campión de Xadrez: En 1983 é subcampión de Centros de Ensino Medio e 3º posto no Torneo de Reis de Moaña.  E antes de 1987 xa gañara 3 veces o Torneo IB "Salvador Moreno" de Marín, 2 veces o do Círculo Náutico de Bueu; así como o torneo do distrito Universitario de Vigo e o da Festa de Corpus de Bueu. En 1988 acada o 3º posto no Torneo Zonal-Provincial Absoluto e en 1990 o 3º posto no mesmo torneo na modalidade de Semi-rápidas. O ano 1990 foi un ano importante por ser seleccionado pola Selección Galega Absoluta formando parte da Selección Zonal-Provincial Absoluta e sendo elexido o mellor deportista da Vila de Bueu polo concello.
No 1991 entabla (Madrid) en partida Simultánea nun curso da Universidade Complutense (dirixido por Garry Kaspárov) co sub campión mundial (1975-85) Viktor Korchnoi. Xa no 1992 acada o campionato Zonal-Provincial absoluto. Protagonista sempre ligado xadrez na Asociación e protagonizando partidas simultáneas en Dena, Pontevedra e Marín.   (Ref. 50 anos do Deportivo Bueu).

Moitas veces é requerido polo concello, asociacións,... para que lles bote "unha man" como asesor, dinamizador, guía. escritor,...

- Colaborador no programa "La Barcarrota" de Canal Extremadura na sección "Campanadas a media noche". Algúns dos capítulos nos que participa poden verse no seguinte enlace: http://www.canalextremadura.es/tv/cultura/la-barcarrota
 

Vídeos nos que participa como :Director, realizador, cámara, guionista, productor,...SALVADOR CASTRO OTERO

 

VÍDEOS:

ARRILLAGA CHOPITEA, Josebe (1999): Un mar de cercanías., Instituto María Soliño, Cangas do Morrazo ( Salvador fixo guión e filmou parte das imaxes)
MANZANO, J.C. (2003): Soliloquio del farero, Libre Producciones, Cáceres. (desenvolveu labores de producción)
CASTRO OTERO, Salvador (2007): Ons: O soño dunha balea, A CEPA, Cangas do Morrazo (Inédito)
CASTRO OTERO, Salvador (2007): Udra, corazón de pedra, A CEPA, Cangas do Morrazo (Inédito)
BERNÁRDEZ, Xosé Ramón, CASTRO OTERO, Salvador e MASSÓ, Noé (2008): De lirium cum queirano, IES de Rodeira, Cangas. (Inédito)
CASTRO OTERO, Salvador (2009): Homenaxe a un amigo.Aldao e o seu San Marcos (Inédito)
CASTRO OTERO, Salvador (2010): Reflexión sobre a tradución. Entrevista con Xosé Luís Méndez Ferrín. IES María Soliño, Cangas do Morrazo. (Na ficha)
CASTRO OTERO, Salvador (2010): Urbi et orbi (dende o galego para o mundo) IES María Soliño, Cangas do Morrazo.
CASTRO OTERO, Salvador (2011): La escuela de los grillos. IES de Rodeira, Cangas do Morrazo.

CASTRO OTERO, Salvador (2012): 'Unha invitación ao deleite'. IES de Rodeira, Cangas do Morrazo

 

-Outros:

Ruta da Auga en Meiro  (2005)

bottom of page