top of page

OBSERVACIÓNS

Fernando Otero nace en As Meáns-Bueu a inícios do 1954.  Titulado Náutico Pesqueiro, e da Mariña Mercante. Como artista plástico expuso a mostra titulada Rincóns de Bueu. Moitos dos cadros se poden ver coma ilustración do seu libro: De Petís á Carrasqueira. O libro é unha recompilación de historias, vivencias, personaxes, etc. do noso concello dos anos 60-70 ou como o mesmo Fernando dixo na presentación: “Este libro fala dos cambios que sufriu a nosa vila a finais dos anos sesenta, dos carros de bois na praia turrando das dornas polbeiras, dun xeito de vida e de vila que xa desapareceu, cando Bueu exportaba mariñeiros, emigrantes e conservas,...”.

Premer na fotografía do autor ou no nome para acceder á súa ficha bio-bibliográfica

bottom of page