top of page

Libro pdf

OBSERVACIÓNS

Antonio Cerviño nace na Banda do Río (Bueu). Estuda no Conservatorio de Pontevedra. Mais tarde en Segovia, con Guillermo González. En Estremadura, traballa co mestre Esteban Sánchez que o incorpora ó seu equipo como docente no Conservatorio Profesional de Mérida. Hoxe docente no Conservatorio da Estrada.

Becado pola Deputación de Pontevedra, Instituto Social da Mariña, concello de Vigo e Real Música de Madrid. A lista de premios obtidos iníciase en “Radio Popular de Vigo” para continuar con “Luís Coloman”, etc.

Ecos é colección de 48 pezas musicais destinada a estudantes de violín, viola e violonchelo para o alumnado de grao elemental e profesional. Dividido o libro en tres cadernos: 18 pezas para dous violíns, 10 pezas para trío de corda e 20 pezas para cuarteto de corda.

Coa selección búscase realzar a música ancestral de Galicia mesturándoa con algunhas cantigas medievais trobadorescas en galego-portuguesa.

Premer na fotografía do autor ou no nome para acceder á súa ficha bio-bibliográfica

bottom of page