A escritora Rosa Mª Martínez Dios naceu no Ferrol (A Coruña) no ano 1960. Diplomada en Inglés, Italiano e Galego pola Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.
Gañou o I premio do Concurso Relatos de muller : Matilde Bares coa obra «Dúas cunchas». Edición do Concello de Bueu
O seu primeiro libro de poemas en lingua galega saíu no 2002: «Cando falan as buguinas»"(2002), editado por Embora de Ferrol.
Participou nun libro, en galego, colectivo titulado: «Cinco primaveras dos Xogos Florais de Cedeira»"(2004), editado pola Sociedade Cultural Río Condomiñas.
Publica un relato curto en castelán titulado: «Manzanas amarillas y rosas de pitimini»"(2005), editado por Afal Ferrolterra.
Escribe en diversas publicacións como "A Gaivota", "Atenea", "Poesía Galicia", "Ferrol xurídico" e "Arte Galicia siglo XXI".
Premios:
-
1º premio de poesía Instituto Sofía Casanova de Ferrol
-
1º premio ex-aequo "Día das Letras Galegas" do Instituto Sofía Casanova
-
1º premio nos "Xogos Florais de Cedeira" (2003)
-
2º premio nos "Xogos Florais de Carranza" (2003)
-
1º premio nos "Xogos Florais de Carranza" (2004)
-
Accésit do "XVII Certame Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé 2004"
-
1º premio no "Relatos de Muller Matilde Bares" (2005)
I Premio Relatos de muller Matilde Bares-2005
Rosa Mª Martínez Dios
Texto en PDF:Premer aquí.
Ficha:Premer aquí.