top of page
X. Alfredo Naz

Xosé Alfredo Naz Fernández naceu en Vigo no ano 1972. É profesor de Matematicas e Tecnoloxía.

 

Gañou o III premio do Concurso Relatos de muller : Matilde Bares coa obra «Círculo». Edición do Concello de Bueu.

 

Aínda que, de momento, a súa obra é escasa si o é recoñecida con diversos galardóns ou premios:

Como o 2º premio nos Viadutos de Redondela.

Un 1º premio no 'Ánxel Fole' de Lugo.

Un 1º premio no concurso 'Dillo a quen maltrata' que, dentro do programa sobre a violencia de xénero convocara no 2006 o Concello de Lalín.

Tamén acadou o 1º premio 'Modesto Figueiredo' coa obra «O mal» que ese ano 2010 outorgaba a Fundación Pedrón de Ouro en colaboración co concello de Vilagarcía. Nese mesmo concurso tivo o premio ao 1º accesit, cousa ínedita co prestixioso certame, co relato «A sombra da curuxa» . A obra foi publicada po Traxoutos dentro do volume co título 'Premios Pedrón de Ouro 2010-2011'.

No 2012 gañou o Certame Literario de Relatos de Aventuras "Avilés de Taramancos con «O sorriso de Hitler»

No 2016 tivo unha meción especial do xurado do concurso de microrrelatos do concello de Parada de Sil, ao relato titulado: «A miña serea».

 

III Premio Relatos de muller Matilde Bares-2007

Xosé Alfredo Naz Fernández

A familia Sachoconto contanos  «A ponte». Un relato de Xosé Alfredo Naz Fernández, pai do IES Alexandre Bóveda de Vigo

Texto en PDF:Premer aquí.

Ficha:Premer aquí.

bottom of page