OBSERVACIÓNS
Salvador Rodríguez Pastoriza nace en Bueu o 2 de outubro de 1963. (Ver biografía)
«Qixen que LIBOREIRO BLUES cheirase a sardiñas asadas, a polbo á feira, a Pirulla, a Pescadoira, a Banda do Río, a Meiro, a Belkuso, a Sela,... Procurei que houbese a tinta fémia, a cervexa fresca, a noite, a tardiña e a madrugada de trapeiros,... Tamén a tute subastado e a pintar a ghodaia, a vou nun bou e a pirilleira... E, por enriba de todo, que fose unha homenaxe a un Tempo e unha Patria de Sentimentos e Vivencias. Non sei se o conseguín. En todo caso, este é un libro de dicado a tod@s aquel@s que aman o pobo no que naceron e a xente que tiveron a sorte de coñecer, aos que están e aos que xa non están entre nós, ou talvez estean, pero doutro xeito,,, (Xa me entendedes).» (Contraportada do libro)
Pulsar na fotografía do autor para ir á ficha do mesmo