top of page

Salvador Rodríguez Pastoriza

Salvador Rodríguez naceu no Bueu do 1963. Licenciouse en Periodísmo pola  Facultade de Ciencias de la Información da Universidad Complutense de Madid.
A profesión periodística comeza en "Atlántico Diario" e "Diario de Galicia". Desde finais dos 80 ata actualidade traballa no "Faro de Vigo" onde de 1991-94 é reponsable da área de Sociedade, Cultura e Espectáculos e, a partires desa data coordina os suplementos culturais e de fin de semana.
E 1999 foi finalista do XXIII premio "Antonio Machado" de relatos curtos  convocado pola  Fundación de Ferrocarriles Españoles.
No 2000 acadou  o terceiro Premio  Julio Camba de Xornalismo. No 2001 acadou o Segundo Premio do Certame de Relatos Cortos «Concello de Moaña»  e no ano 2002 foi Mención especial do xurado no XVIII Certame Nacional Galego de Narracións Cortas «Modesto R. Figueiredo».
Artigo na revista nº 1 de "A lingua do corvo":  "
A noite en que Bob Dylan actuou no Rural Rock"
Artigos en "Encontros embarcacións":"
Rómulo Gallegos. Estadía en Bueu". Artigos na na revista Os Galos:"Long John Silver e a lenda da serpe namorada"; no nº 2: "Sucedeu en Udra"; no nº 3: "A pegada de Gulliver"; no nº 4:"Se Carlos Deza volvese a Pueblanueva"; no nº 5 "Sempre Ons"; no nº 6 "Navegando nas noites do Cabalo"; no nº 7 "O xornalismo furtivo de Álvaro Cunqueiro"; no número 8 "Popa ao Gran Sol"; nº 9: "Isabel Barreto, a capitana galega dos mares do Sur"; no nº 10: "Que foi dos galegos de Hawai?"
Como aportación aos libros "Xentes dun pobo: Bueu" escribiu o relato curto "
A raíña do silencio" e "Lembranzas 1890-1945-Bueu": "Por patria unha praia" ou en folletos coma os 50 aniversario do Club Deportivo Bueu co artigo "Bueu con V".

Bibliografía

"En las rendijas de la memoria" (Punto Rojo, 2019)

"Historias de gallegos extraordinarios" (E. Belagua, 2017)

"Liboreiro Blues (2014)"

"Fins do mundo " (Autoedición, 1998)                            

"La hija de Sherlock Holmes" (E. Alfasur, 2000)

"Entre Fisterras. Conversas con Carlos Núñez" (Xerais, 2003)"

"Libertarios" (E. Cardeñoso, 2007)

"Memoria de náufragos" (E. Cardeñoso, 2006)

"Phiccións" (Xerais, 2001). Obra colectiva                  

" Boleros rotos" (Poemario inédito)

bottom of page