top of page
Marta Lemos Jorge
Naceu en Cangas en 1972, viviu en Cuba e Serbia e reside actualmente no Morrazo.
Estudou Ciencias da Información na Universidade do País Vasco e na Nova de Lisboa. É autora da biografía "Unha paixón herdada: obra medioambiental de José María Castroviejo y Blanco-Cicerón (1909-1983)" . Desenvolveu varios proxectos para a TV, entre eles os programas: "A illa de Don Dídio" (codirectora e escritora), Larpeiros, docu-show gastronómico que emite actualmente a TVG. No ano 2011 obtivo o Johan Carballeira de xornalismo que convoca o concello de Bueu.
bottom of page