top of page

OBSERVACIÓNS

Emilio Rodríguez naceu en Bueu no ano 1960.
Na presentación que do libro fai no seu blog, explica o por que do mesmo utilizando algúns dos títulos dos artigos que aparecen na obra e, segundo di, non veñen sendo máis que opinións, reflexións ou denuncias que calquera se pode formular a diario.
A súa pretensión, máis que dar respostas, é a de deixar unha ventá aberta á reflexión e a de formularse novas preguntas...
É un libro que pola escrita, pola frescura dos temas, polo humor irónico das exposicións, pola orixinalidade de enfoque, polo formato  imposto... é agradabel de ler, abre novos camiños para interpretar o acontecer diario,... onde ao lector, en definitiva, resultaralle como ó prologuísta: “...orixinal, sorprendente e belo”.

Premer na fotografía do autor ou no nome para acceder á súa ficha bio-bibliográfica.

Se premes no libro accederás aos poemas

bottom of page