Lucía Novas Garrido
Lucía Novas Garrido, nada en Bueu no 1979. Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Na actualidade é `profesora de Secundaria. Como se pode verificar na bibliografía xa desde os 17 anos presenta ao público a súa poesía, pois é cando comeza a gañar premios de poesía. Nos seus poemas amosa un dominio da palabra con sentimento estético. Palabra preñada de sensualidade onde o xogo das imáxes e elementos de valor simbólico deixan espida unha "enerxía" (alma) feita para a beleza (=poesía).
Bibliografía
"Violetas no asfalto" (Colección Medal-Edit. Deputación de Pontevedra, 2021)
"Cervatos" (Factoría K de Libros-Kalandraka Editora, 2017)
"O desexo que esvara sobre os corpos nus" Primeiro premio de Poesía XXIV Certame "Minerva". (1996)
"Paseniñamente espallouse no ar" Primeiro premio de Poesía XXV Certame "Minerva". (1997)
"Os salaios voaban no ar" 3º Accesit de poesía da Universidade de Vigo (1998)
"As laranxas" 2º Accesit de poesía de Universidade de Vigo (1999)
"O tempo dos mirtos" 1º Premio de poesía da Universidade de Vigo (2000)
"A flor do lirolai" Premio Faustino Rey Romero de Rianxo (2000)
"Epiderme de Estío" IV Premio de Poesía Concello de Carral. (2000) Edita Espiral Maior poesía nº 110
XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível, 2002, S. C. D. Condado.
O trazo aberto. Poesías e debuxos, 2002, Deputación de Pontevedra.
"Negra Sombra" Participa cun poemas neste libro colectivo contra a "Marea negra" (2003)
Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Das sonorosas cordas, 2005, Eneida.
Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006.
Poetízate. Antoloxía da poesía galega, 2006, Xerais.
Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
Letras novas, 2008, AELG.
"Neve" Gañadora do XIII Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. (2009)Edita Espiral Maior poesía nº 226
Erato. Bajo la piel del deseo, 2010, Sial (edición bilingüe galego-castelán).
Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar.
Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
Colabora con poemas seus en revistas como Grial, PolpA, Casa da Gramática, Madrygal, O Ollo Público e Escrita Contemporánea.
Poemas na revista "A lingua do corvo": no nº 1 "Poema"; no nº 9 "Fisterra"
Poemas na revista "Os Galos": No nº 1; "Poema"; no nº 4: "Poema"; no nº 5 "Mar/En recipiente"; no nº 6 "Tres tempos"; no nº 7 "Aromas de resina, e sal e area"; no nº 8 "O teu corpo..."; no nº 9 "A tenrura..."; no nº 10 "As seis da tarde..."
Poema no libro "Lembranzas 1890-1945-Bueu":"Poema"
Recensión en Anuario Grial de Estudos Literarios do libro "As cidades mergulladas (Poesía reunida 1973-2002), Xosé Miranda". Para velo premer aquí.
Forma parte do elenco de autores (36) no libro '6 poemas de 6. Homenaxe a García Lorca' no que tamén coordina ao 6º equipo