XIII Premio poesía Johán Carballeira-2008
Lucía Novas Garrido
Lucía Novas Garrido, nada en Bueu no 1979. Licenciada en Filoloxía Galega. 1º premio de Poesía XXIV Certame "Minerva". (1996). 1º premio de Poesía XXV Certame "Minerva" (1997). 3º Accesit de poesía da Universidade de Vigo (1998). 2º Accesit de poesía de Universidade de Vigo (1999). 1º Premio de poesía da Universidade de Vigo (2000). Premio Faustino Rey Romero de Rianxo (2000). Premio de Poesía Concello de Carral (2000). Festival da Poesia no Condado. Premio de Poesía Johán Carballeira
Participa en obras colectivas e en revistas e certames literarias.
Obra poética:
-
Epiderme de estío (2001)
-
Neve (2009)
Os mirtos, os neboeiros,
as neviscas arduas, os traballos da terra,
as tempestades difíciles.
Óllase a desolación
dende os rebos da tarde,
os hedrais do pasado, as premonicións
encarnadas,
os fulgones de incenso, o ébano ardente.
A auga discorre
por un xogo de estanques
abandonados.
Cae devagar
a neve.
Espiral Maior