top of page

OBSERVACIÓNS

Antoloxía ou escolma de elementos literarios que teñen o foco na cidade de Pontevedra.  

Os textos están distribuídos en bloques nos que se que recollen poemas (como o de Frei Martín Sarmiento), narracións (como a de Emilia Pardo Bazán) e onde o drama tamén está representado. Co epígrafe “Outros textos” amósannos un abano de  artigos, discursos/pregóns (como o lido na feira do libro de Pontevedra de 2003 por Mª Victoria Moreno). Tamén se recollen, da tradición oral, coplas de eventos populares como os maios, entroido, Corpus, etc.

Aínda que predominan os textos en galego e castelán tamén os hai en francés, italiano, portugués, inglés e catalán nos relatos de viaxeiros que pasaron por Pontevedra.

Prologan o libro Miguel Anxo Fernández Lores (polo concello) e Mauro Varela Pérez (por Caixagalicia).

As ilustracións pertencen ao Museo de Pontevedra. A cuberta é “Pontevedra 1669) de Pier María Baldi.

bottom of page