Ramón Vilas Costas
Ramón Vilas naceu en As Meáns-Bueu no vran de 1966 aínda que el é e se considera de Beluso de "toda a vida".
Estudou no colexio S. Narciso e no Instituto de Marín.
Gañou a oposición a Consexe no Concello de Bueu onde traballa hai unha "morea" de anos.
Tamén participou noutros proxectos como o de colaborador de campo na revista O Candil
Bibliografía
-
Coautor de "O Buraco do Inferno: Toponímia mariñeira do mar de Bueu", concretamente do apartado: " Toponímia: Dende a praia de Area de Bon ata Cabo Udra"
-
Gañador do 1º Premio do I Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola" co relato "Memorias dun libro labrego".
-
Gañador do 1º Premio na categoría de adultos do III Concurso de Relato Curto organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra co relato "Viches que prezos?".